domingo, 6 de marzo de 2011
Miguel Bosé actuará en Santiago para conmemorar o 20 aniversario de Cadena Dial
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 (OTR/PRESS)
Cadena Dial conmemorará o seu 20 aniversario cunha xira de concertos que comezará o venres día 11 de marzo en Santiago de Compostela co concerto de Miguel Bosé no Multiúsos Fontes do Sar.
Así, o cantante subirá ao escenario en Santiago ás 22.00 horas para ofrecer un espectáculo enmarcado no seu Cardio Tour 2011 no que interpretará temas novos e os seus éxitos de sempre. A emisora musical Cadea Dial repartirá convites entre os seus oíntes interesados en acudir á cita.
Segundo explicou a cadea, Bosé ofrecerá Santiago un "show poderoso", cunha posta en escena "orixinal e vanguardista". Ao mellor de Cardio, o seu último traballo, sumaranse ademais algúns temas do repertorio de sempre, no que destacan éxitos como "Bambú", "Nada Particular", "Morena Mia", "Sevilla" ou "Bandido".
Fuente
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario
Déjanos tu comentario...